Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Rosalía

A voz de Rosalía: ferramenta viva para pensar o mundo

 A palabra volve á casa. A Casa de Rosalía acolle estes días o inicio de “ Rosalía en Camiño ”, un ciclo que non se limita á homenaxe, senón que activa a memoria literaria desde o presente. No lugar onde Rosalía de Castro escribiu os seus últimos versos, a poesía contemporánea toma a palabra para dialogar cunha tradición que segue interpelando o noso tempo. O programa articúlase como un percorrido que une Padrón e Santiago de Compostela, convertendo o tránsito, case simbólico, nun espazo de encontro entre voces diversas. Non é só unha sucesión de recitais. Tamén  hai conversacións, lecturas compartidas e unha vontade clara de poñer en relación linguaxes, xeracións e contextos culturais. Fotos da Fundación Casa de Rosalía. Encontro multilingüístico Participan autores e autoras que representan algunhas das liñas máis vivas da poesía actual no noso país. Desde a exploración do desexo e os afectos da xienense, Sara Torres ata a mirada crítica sobre a precariedade de portugués,Tiag...