Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como cinema

Marín abre o seu novo cineclub reivindicando a memoria rural e audiovisual de Chano Piñeiro

 “Cineclub Marín” iniciará esta semana a súa actividade pública cunhas xornadas dedicadas á figura de Chano Piñeiro , considerado un dos grandes pioneiros do cinema galego contemporáneo e unha referencia fundamental na construción dun audiovisual feito en lingua galega. O ciclo, organizado pola Asociación Marín de Cine, celebrarase os días 21 e 22 de maio no salón de actos da Biblioteca Pública de Marín e combinará proxeccións cinematográficas e coloquios abertos ao público. A iniciativa supón a primeira actividade oficial do novo cineclub marinense, un proxecto cultural que nace coa intención de crear un espazo estable para a divulgación do cinema e o encontro arredor da cultura audiovisual na vila. Para esta estrea pública, a organización escolleu centrar o programa na obra de Chano Piñeiro, autor de títulos históricos como Mamasunción e Sempre Xonxa , dúas producións consideradas claves na historia do cinema galego moderno. A programación arrancará este mércores 21 de maio ...