Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como lume

O lume, as herbas e o orballo: a historia milenaria que segue viva no San Xoán galego

A tradición máis máxica do calendario galego conserva elementos que se remontan aos antigos cultos do solsticio de verán. Para saber algo máis diso, contamos coa colaboración do marinense José Souto que nos describe os elementos máis importantes para este encontro con San Xoán Cada ano, na noite do 23 ao 24 de xuño, milleiros de persoas reúnense arredor das cacharelas para celebrar o San Xoán. O lume, o cacho de San Xoán, o orballo e os rituais de protección forman parte dunha tradición profundamente enraizada na cultura galega, cuxas orixes se remontan a miles de anos atrás. Moito antes da existencia dos calendarios modernos, as persoas observaban a natureza e os seus ciclos para organizar a súa vida. O solsticio de verán, o día máis longo do ano, simbolizaba a máxima forza do Sol, a fertilidade da terra e a esperanza de boas colleitas. Era un momento de celebración e agradecemento no que a natureza adquiría un carácter especial. En Galicia, foron os pobos celtas os que deixaron unha ...