Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como maios

Flores, xestas e listas de espera: a loita pola sanidade non rural desde Marín

Fotos: Plataforma pla defensa do centro de salud de Marín e Seixo.  A cúpula veciñal de Seixo celebrou as súas maios cuberta de flores, xestas e ramas verdes. A primeira vista, podería parecer unha celebración máis desa tradición que cada primavera mestura natureza, música e comunidade. Pero basta deterse uns minutos para entender que aquí hai algo máis. É unha continuidade a unha protesta que non se foi co inverno. E é que segue latexando no noso rural unha preocupación moi concreta. No centro de saúde de Marín, conseguir cita co médico de familia pode implicar esperas de entre 15 e 21 días. A atención de matrona atrásase ata dúas semanas, mentres que servizos como fisioterapia acumulan demoras de ata catro meses. Se o problema require derivación hospitalaria, a situación agrávase: hai pacientes que esperan preto de dous anos para neuroloxía ou mesmo ata tres anos en uroloxía. Non son cifras illadas. Debuxan un patrón de saturación que empeza na atención primaria como porta de ent...