Desde os temporais de febreiro, o marisco morreu en masa nas rías galegas. As mariscadoras non poden traballar. Non cobran. Pero as súas facturas non esperan. A Consellería do Mar anunciou un plan. Pero ese plan fala de fondos e de infraestruturas, non de persoas. Meses despois dos temporais, as mariscadoras seguen sen axudas directas, sen ser escoitadas, sen que ninguén sentase con elas a buscar solucións. A isto súmase outro problema que non se pode ignorar: mentres están paradas sen culpa ningunha, as súas cotas á Seguridade Social seguen contando. E aquí é onde importa escoller ben as palabras. Hai quen fala de eximilas de pagar esas cotas. Pero eximir é como dicir: "ese mes non existiu". E se ese mes non existiu para a Seguridade Social, tampouco conta para a xubilación. A traballadora perde dereitos que tardou anos en gañar. O que pedimos é unha bonificación: que as cotas se paguen igual, pero que sexa a administración quen as pague por elas. O mes con...
Un lugar para integrar la comunicación digital en el Rural