Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como creación

Nova cita no Cineclub Marín con Álvaro Gago

  Álvaro Gago, un dos autores máis destacados do Novo Cinema Galego. Foto cedida. O Cineclub Marín, impulsado pola Asociación Marín de Cine, celebrará os días 18 e 19 de xuño, xoves e venres respectivamente, un novo ciclo dedicado ao director vigués Álvaro Gago, centrado no universo cinematográfico de Matria e na construción das personaxes femininas na súa filmografía. A actividade, xa confirmada pola organización, dará continuidade á liña iniciada o pasado mes de maio co ciclo dedicado a Chano Piñeiro, no que o Cineclub Marín botou a andar cunha proposta aberta ao público marinense baseada na proxección, análise e coloquio arredor do cinema galego. Nesta ocasión, o foco estará posto nun dos autores máis destacados do Novo Cinema Galego; autor de obras como a curtametraxe e posteriormente a longametraxe Matria, nas que as personaxes protagonistas reflicten unha imaxe máis próxima á realidade das mulleres traballadoras que soportan a carga emocional e laboral na sociedade galega. Ro...