Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Santiago

O Foro Territorio Rural Resiliente reúne en Santiago a expertos e comunicadores para repensar o futuro do rural galego

 O encontro aberto do Foro Territorio Rural Resiliente , que se celebrará o vindeiro 28 de maio na Cidade da Cultura de Santiago, chega tras varios meses de traballo participativo impulsado pola Fundación Juana de Vega e o Laboratorio do Territorio da USC (LaboraTe), coa colaboración da Fundación RIA, da Fundación Roberto Rivas e do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia . O obxectivo desta iniciativa é promover unha reflexión colectiva sobre o futuro do territorio rural galego e avanzar cara a un modelo máis resiliente fronte aos incendios, ao abandono demográfico e aos efectos do cambio climático. O foro reuniu ao longo das últimas semanas máis de 120 persoas expertas procedentes de ámbitos como a universidade, a administración pública, o sector agroforestal, entidades sociais, medios de comunicación e proxectos vinculados ao desenvolvemento territorial. O proceso estruturouse arredor de seis mesas de traballo centradas na planificación territorial, a mobilización da ter...