Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como cineclub

AXENDA: Marín de Cine celebra seis anos cunha sesión dedicada á curtametraxe

  A Asociación Marín de Cine adianta a celebración do seu sexto aniversario, que se cumprirá en novembro, cunha sesión do Cineclub Marín dedicada á curtametraxe. Será o xoves 22 de outubro, ás 20.30 horas, no Hotel Villa de Marín.  Proxectaranse catro curtas premiadas na MAC Marín:  O corpo de Cristo, de Bea Lema Nur Sultán, de Xoán Escudero  Esto no es Noruega, de Alicia Albares e Paco Cavero Antes de que se poña o sol, de Nani Matos.  Achega colaborativa para o público xeral: 4 euros

Marín abre o seu novo cineclub reivindicando a memoria rural e audiovisual de Chano Piñeiro

 “Cineclub Marín” iniciará esta semana a súa actividade pública cunhas xornadas dedicadas á figura de Chano Piñeiro , considerado un dos grandes pioneiros do cinema galego contemporáneo e unha referencia fundamental na construción dun audiovisual feito en lingua galega. O ciclo, organizado pola Asociación Marín de Cine, celebrarase os días 21 e 22 de maio no salón de actos da Biblioteca Pública de Marín e combinará proxeccións cinematográficas e coloquios abertos ao público. A iniciativa supón a primeira actividade oficial do novo cineclub marinense, un proxecto cultural que nace coa intención de crear un espazo estable para a divulgación do cinema e o encontro arredor da cultura audiovisual na vila. Para esta estrea pública, a organización escolleu centrar o programa na obra de Chano Piñeiro, autor de títulos históricos como Mamasunción e Sempre Xonxa , dúas producións consideradas claves na historia do cinema galego moderno. A programación arrancará este mércores 21 de maio ...