Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como curtametraxe

Do MAC Marín ao cine rural: cando os territorios crean os seus propios espazos audiovisuais

  A gala do MAC Marín, Mostra do Audiovisual e Cinema de Marín, celebrada estes días, deixa unha lectura que vai máis aló da programación dunha nova cita cinematográfica. O certame, que na súa quinta edición desenvolveuse baixo o lema Historias á beira do Atlántico , reivindica o cine independente, o talento local e a singularidade de Marín como escenario audiovisual Esta nova plataforma de divulgación cinematográfica non é exclusiva de Marín. Nos últimos anos foron consolidándose en Galicia espazos de exhibición e divulgación cinematográfica afastados dos grandes circuítos urbanos. Algúns son festivais internacionais cunha traxectoria consolidada; outros naceron vinculados á identidade dun territorio; e outros converteron aldeas, prazas ou espazos comunitarios en salas de cine improvisadas. O resultado é unha xeografía audiovisual diferente. Recompón un mapa no que o cine non soamente chega ao rural, senón que tamén nace, organízase e atopa públicos desde o propio territorio. Inst...