Marín volverá converterse esta fin de semana nun punto de encontro entre a cultura do mar, a memoria colectiva e o cinema coa celebración dá Edición Estival 2026 do Festival Cine do Mar , unha programación que combina patrimonio marítimo, recoñecemento as xentes do mar e proxeccións cinematográficas de referencia. Entre as actividades salientables figura a II Xuntanza Mariñeira, que reunirá embarcacións tradicionais nun encontro pensado para divulgar e poñer en valor o patrimonio marítimo galego. A exhibición permitirá achegarse a distintos tipos de barcos que forman parte da historia económica, social e cultural das comunidades costeiras, nun momento non que a preservación dos saberes vinculados ao mar, constitúe tamén unha forma de conservar a identidade do territorio. O programa inclúe ademais a VI Homenaxe as Mulleres e Homes do Mar, un acto que busca recoñecer o esforzo, a experiencia e a contribución de xeracións de profesionais que fixeron do mar o seu modo de vida. A inic...
Un lugar para integrar la comunicación digital en el Rural