Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como proxecto

A avea moura volve aos campos galegos na procura dunha nova oportunidade para o rural

 Un proxecto de investigación recupera variedades tradicionais de Avena strigosa e explora o seu potencial na alimentación, a gastronomía e a cosmética Durante décadas formou parte das terras e da memoria agrícola de Galicia, ata quedar practicamente esquecida. A avea moura, unha especie tradicional de Avena strigosa , está a regresar agora aos campos galegos da man dun proxecto que busca demostrar que recuperar unha variedade agrícola pode ser algo máis que conservar a súa semente: pode converterse tamén nunha oportunidade económica para o rural. O Grupo Operativo Avea Moura presentou o pasado 23 de setembro, na sede da Misión Biolóxica de Galicia-CSIC, en Pontevedra, os resultados de tres anos de investigación. O proxecto, desenvolvido entre 2023 e 2026, estudou diferentes variedades tradicionais e explorou novas posibilidades de transformación, desde a panificación e a gastronomía ata a cosmética. A iniciativa parte dunha cuestión fundamental para o futuro do campo: recuperar ...