Ir al contenido principal

Do MAC Marín ao cine rural: cando os territorios crean os seus propios espazos audiovisuais


 A gala do MAC Marín, Mostra do Audiovisual e Cinema de Marín, celebrada estes días, deixa unha lectura que vai máis aló da programación dunha nova cita cinematográfica. O certame, que na súa quinta edición desenvolveuse baixo o lema Historias á beira do Atlántico, reivindica o cine independente, o talento local e a singularidade de Marín como escenario audiovisual

Esta nova plataforma de divulgación cinematográfica non é exclusiva de Marín. Nos últimos anos foron consolidándose en Galicia espazos de exhibición e divulgación cinematográfica afastados dos grandes circuítos urbanos. Algúns son festivais internacionais cunha traxectoria consolidada; outros naceron vinculados á identidade dun territorio; e outros converteron aldeas, prazas ou espazos comunitarios en salas de cine improvisadas.

O resultado é unha xeografía audiovisual diferente. Recompón un mapa no que o cine non soamente chega ao rural, senón que tamén nace, organízase e atopa públicos desde o propio territorio.

Instatánea do reportaxe fotográfico de Jose Luis García Portela.

Marín: o audiovisual como relato do territorio

O MAC Marín comandado por Dani Antelo, representa unha das iniciativas máis recentes deste movemento. A Mostra aposta polo cine independente e polos novos talentos, pero incorpora ademais unha dimensión territorial que está presente desde a súa propia identidade: Historias á beira do Atlántico.

A programación combina en cada edición proxeccións con actividades de divulgación, encontros e formación, trasladando o audiovisual a diferentes espazos do municipio. A proposta contribúe así a ampliar o concepto de festival cinematográfico. Non se trata unicamente de competir ou proxectar películas, senón de crear un espazo de encontro entre creadores, espectadores e territorio.

No caso de Marín, ese territorio ten ademais un elemento narrativo evidentecomo é o mar. A relación entre cultura marítima, memoria, paisaxe e creación audiovisual abre unha vía para que o cine se converta tamén nunha forma de contar a imprescindible identidade local.


Las Jornadas cinematográficas se podrán seguir por el canal FICBUEU


Bueu: un festival internacional nacido fóra dos grandes circuítos

A poucos quilómetros, Bueu ofrece un exemplo moito máis consolidado. O FICBUEU alcanza en 2026 a súa décimo novena edición, que se celebrará do 4 ao 19 de setembro, co obxectivo de achegar á localidade as mellores curtametraxes internacionais dos últimos anos.

A súa evolución resulta significativa porque o festival foi construíndo ao redor das proxeccións unha programación moito máis ampla. A formación, as actividades dirixidas a nenos e novos, as colaboracións con outros proxectos culturais e as residencias de creación converteron Bueu nun punto de encontro audiovisual que funciona máis aló dos días estritamente competitivos.

Unha mostra desa dimensión é a Residencia FICBUEU, que en 2026 alcanza a súa cuarta edición e utiliza a Illa de Ons como espazo de creación para os proxectos seleccionados.

O festival tamén ampliou a súa capacidade de difusión. Este ano algúns das curtametraxes seleccionadas en distintas edicións do FICBUEU estarán dispoñibles a través dunha canle propia en Filmin.

A traxectoria de Bueu demostra que un festival internacional non necesita estar instalado nunha capital para xerar unha comunidade cinematográfica propia. A localidade convértese durante unhas semanas en porta de entrada para creadores e espectadores de procedencias moi diversas.

O Festival de Cans é un referente da cultura cinematográfica desde o territorio. Foto: Festival Cans. 

Cans: cando unha aldea convértese nunha sala de cine

Se existe un caso paradigmático de descentralización audiovisual en Galicia é o Festival de Cans, en O Porriño.

A XXIII edición, celebrada entre o 19 e o 23 de maio de 2026, volveu utilizar a singular rede de espazos da aldea para construír a súa programación. Curtametraxes, documentais, videoclips, música, coloquios e actividades conviven nun modelo que integra aos veciños e transforma espazos cotiáns da comunidade en lugares de encontro cultural.

A dimensión comunitaria non é soamente unha cuestión estética. Os datos da última edición mostran o impacto que pode alcanzar unha iniciativa cultural arraigada nun territorio pequeno: máis de 12.000 persoas pasaron polo festival e xeráronse 180 postos de traballo, mentres a ocupación hoteleira chegou ao 100% durante a fin de semana principal no Porriño e municipios próximos.

Tamén creceu a participación veciñal. O festival contou con 48 persoas voluntarias, 33 delas residentes en Cans, alén de mozas que participaron como guías dos camiños utilizados polo público.

Cans demostra así que a cultura pode actuar como motor económico, turístico e social sen perder a súa dimensión comunitaria. O festival non se limita a levar espectadores a unha aldea: incorpora á propia aldea como parte esencial do acontecemento.

A décima edición foi posposta por mor dos lumes de 2025 na comarca

Verín: cine, fronteira e memoria

En Verín o modelo adquire outra personalidade. O FIC Vía XIV naceu ligado ás particularidades dun territorio fronteirizo e utilizou a curtametraxe como instrumento para abordar cuestións relacionadas coa fronteira, a emigración, a identidade e a memoria.

O festival desenvolveu ademais unha dimensión educativa e participativa, con iniciativas como o Xurado Novo e actividades destinadas a achegar o audiovisual a novos públicos. A súa propia evolución incorporou debates sobre cuestións contemporáneas, entre elas a fraxilidade da verdade e a desinformación.

A décima edición estaba prevista inicialmente para 2025, pero tivo que ser aprazada como consecuencia dos incendios forestais que afectaron gravemente á comarca. Ese aprazamento constitúe, paradoxalmente, outro exemplo da relación entre cultura e territorio.  Un festival nado para contar unha comarca, non pode permanecer alleo ao que ocorre nela.

En 2026 o proxecto continúa desenvolvendo actividades vinculadas á súa liña de divulgación e participación, mantendo a Casa dá Cultura de Verín como un dos seus espazos de referencia.


Catro modelos para unha mesma transformación

MAC Marín, FICBUEU, Festival de Cans e FIC Vía XIV non son catro versións dun mesmo festival. Precisamente as súas diferenzas permiten observar mellor unha transformación que afecta á cultura audiovisual. En Marín, o cine relaciónase co Atlántico, o territorio e a creación emerxente.

En Bueu, unha localidade do Morrazo, convértese en sede dun festival internacional capaz de xerar formación, residencias e novas redes de distribución. En Cans, o propio tecido veciñal forma parte do acontecemento e a aldea transfórmase durante uns días nunha singular infraestrutura cultural.

E en Verín, o audiovisual utilízase para dialogar cunha realidade fronteiriza, coa memoria e cos cambios sociais que atravesan a comarca.

Son catro xeitos diferentes de responder ao que a cultura cinematográfica,  o cine como esencia, pode  contribuír a xerar vida cultural estable fose das grandes cidades. A experiencia galega apunta a que a resposta é amplamente positiva. Iso si, sempre que o territorio non sexa entendido unicamente como escenario.

Foto: Edicións del  FIC Vía XIV.


Máis que levar cultura ao rural

A diferenza pode parecer pequena, pero resulta fundamental. Durante décadas, a descentralización cultural expúxose fundamentalmente como unha cuestión de acceso: levar exposicións, concertos, teatro ou cine a municipios que non dispoñían da oferta das cidades.

Os festivais que conseguiron consolidarse expoñen outra lóxica. Non se limitan a levar cultura ao rural. A creación de cultura vén desde o rural.

Iso implica xerar públicos, formar espectadores, ofrecer oportunidades a creadores, mobilizar voluntariado, activar negocios locais e construír unha identidade cultural propia.

O caso de Cans resulta especialmente revelador polo seu impacto económico e laboral, pero tamén porque boa parte da súa singularidade procede precisamente daquilo que noutro contexto podería considerarse unha limitación: a ausencia de grandes infraestruturas culturais. O festival converte esa carencia en parte da súa identidade.




O reto de crear redes

A existencia de numerosos festivais pequenos e medianos expón problemas comúns. Desde o financiamento, profesionalización ou o acceso a circuítos de distribución, ata a captación de públicos, comunicación e sustentabilidade económica.

Fronte a esas dificultades, a colaboración entre certames pode converterse nunha ferramenta para evitar que cada proxecto teña que afrontar en solitario os mesmos obstáculos.

Nese sentido, a evolución do FICBUEU resulta ilustrativa. O festival combina a súa programación local con colaboracións internacionais, residencias de creación e novas vías de distribución dixital.

E Cans demostra que un proxecto asentado nun territorio pequeno pode alcanzar unha dimensión capaz de atraer visitantes doutras comunidades e tamén do norte de Portugal.


A imaxen da edición de 2026 del MAC Marín a beira do Atlántico. Foto: MACMarín.

Un cine que tamén conta onde se fai

A gala do MAC Marín pode entenderse, por tanto, como algo máis que o peche ou a celebración dun certame. Forma parte dunha transformación máis ampla do mapa cultural. É a esencia da aparición de novos espazos de exhibición, divulgación e creación audiovisual en territorios que tradicionalmente aparecían afastados dos circuítos cinematográficos principais.

O fenómeno resulta especialmente visible en Galicia, onde o cine atopa no territorio unha fonte de historias, pero tamén unha comunidade capaz de organizarse ao redor delas.

Do Atlántico de Marín ás curtametraxes internacionais de Bueu o dos camiños e galpóns de Cans á fronteira de Verín, o audiovisual está a demostrar que unha película non necesita proxectarse no centro dunha gran cidade para atopar espectadores.

Ás veces necesita algo máis sinxelo. Temos un territorio que quere recoñecerse na pantalla e unha comunidade disposta a apagar as luces para empezar a mirar. E nese mirar atopámonos todos. 



Comentarios

Entradas populares de este blog

Da repartición polas aldeas a unha peixaría propia: a historia de As Pescadeiras en Verín

  A nova peixaría, impulsada por María Alegría e Tania, recolle máis de dúas décadas de experiencia na venda de peixe fresco e dá o salto a un establecemento propio no centro da vila. Verín suma desde esta semana un novo establecemento comercial dedicado ao produto fresco coa apertura de As Pescadeiras, unha peixaría situada na rúa Lisa número 3 que nace da experiencia acumulada durante máis de 25 anos de traballo e do vínculo construído con centenares de clientes da comarca. O proxecto está liderado por María Alegría e a súa socia Tania, dúas emprendedoras que decidiron dar un paso máis nunha actividade que forma parte da súa traxectoria profesional e familiar. Detrás do novo negocio atópase unha historia ligada á venda tradicional de peixe fresco, iniciada polos pais de María Alegría, que durante décadas percorreron aldeas e parroquias da comarca levando produto do mar a numerosos fogares do rural. Esa experiencia e a confianza xerada ao longo dos anos constitúen agora a base dun...

OPINIÓN: INFRAESTRUTURAS PARA A CULTURA E O SEU FUTURO COLECTIVO

  Marín viviu este venres unha xornada histórica coa inauguración oficial do seu novo Auditorio Municipal, unha infraestrutura longamente demandada polo municipio e que abre unha nova etapa para a vida cultural da vila mariñeira. O edificio, con capacidade para unhas 500 persoas, abriu as súas portas cun acto multitudinario ao que asistiron representantes institucionais, colectivos sociais e culturais e numerosos veciños que encheron o recinto desde primeira hora da tarde. A alcaldesa, María Ramallo, destacou durante a inauguración que o proxecto “vén de lonxe”, lembrando que xa estaba sobre a mesa nos anos noventa, mentres que o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, subliñou a colaboración entre administracións para facer realidade unha obra chamada a converterse nun referente cultural e social para toda a comarca do Morrazo. Un dos momentos máis celebrados da tarde foi a actuación sorpresa do gaiteiro Carlos Núñez, cuxa presenza emocionou ao público e puxo o broche festivo a unha i...

Septiembre y la sanidad a dos velocidades: Marín y Verín reclaman médicos y servicios mientras Galicia afronta el reto de garantizar la atención de proximidad

 Las protestas de O Morrazo y Monterrei ponen el foco en dos problemas diferentes pero conectados. El acceso a la Atención Primaria en la costa y la capacidad del hospital comarcal en el interior de Ourense será el protagonista de este mes en las reivindicaciones sociales La sanidad pública gallega vuelve a mirar al territorio. Mientras el debate autonómico se centra en las listas de espera, la falta de profesionales y la reforma de la Atención Primaria, en Marín y Verín la discusión tiene un escenario mucho más concreto y cercano como son el centro de salud, el PAC y el hospital comarcal. En ambos territorios, las plataformas ciudadanas han decidido salir a la calle para reclamar una sanidad más próxima. Lo hacen desde realidades diferentes, pero con una preocupación común. Se sigue en la falta de profesionales o en la reducción de determinados servicios, que terminan aumentando la distancia entre el ciudadano y la atención que necesita. El conflicto llega además a septiembre desp...