Marín viviu este venres unha xornada histórica coa inauguración oficial do seu novo Auditorio Municipal, unha infraestrutura longamente demandada polo municipio e que abre unha nova etapa para a vida cultural da vila mariñeira. O edificio, con capacidade para unhas 500 persoas, abriu as súas portas cun acto multitudinario ao que asistiron representantes institucionais, colectivos sociais e culturais e numerosos veciños que encheron o recinto desde primeira hora da tarde.
A alcaldesa, María Ramallo, destacou durante a inauguración que o proxecto “vén de lonxe”, lembrando que xa estaba sobre a mesa nos anos noventa, mentres que o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, subliñou a colaboración entre administracións para facer realidade unha obra chamada a converterse nun referente cultural e social para toda a comarca do Morrazo.
Un dos momentos máis celebrados da tarde foi a actuación sorpresa do gaiteiro Carlos Núñez, cuxa presenza emocionou ao público e puxo o broche festivo a unha inauguración marcada pola expectación e o simbolismo. A apertura do auditorio coincide ademais coa celebración do Día das Letras Galegas e coa vista posta na programación cultural previa ao Xacobeo 2027.

Por iso, recollemos un artigo de opinión asinado por Dani Antelo, referente do mundo cultural e imprescindible na promoción cinematográfica desde Marín. O director da Mostra do Audiovisual e Cinema de Marín reflexiona sobre a importancia deste tipo de infraestruturas pero, especialmente, polo fondo necesario no seu desarollo como referente para a vida cultural da súa sociedade local.
HABEMUS AUDITORIUM
Debo confesar que o título deste artigo estivo a piques de poñer en perigo a miña forzosa carreira como comunicador local. E é que, cando advertín que Ángel García Carragal xa empregara antes ca min a expresión HABEMUS AUDITORIUM, poucas alternativas quedaban para coroar esta publicación sobre a apertura do tan reclamado Auditorio Municipal de Marín. Aínda así, sendo completamente sincero, o título que realmente me rondaba pola cabeza era outro bastante máis perigoso: PAN E CIRCO. Finalmente decidín non empregalo, non tanto por falta de ganas, senón por non converter unha xornada que debería ser de celebración nun artigo excesivamente combativo incluso para min. Ao final vai resultar que Carragal e máis eu temos máis cousas en común das que pensaba: os dous somos de Marín, comunicadores, baixiños… e polo visto tamén compartimos certa tendencia á ironía. Polo tanto, HABEMUS AUDITORIUM TANDEM.
Sexa como for, hoxe é un día importante para a vila. E tamén un día alegre. Porque máis alá de cores políticas, filias ou fobias persoais, hai algo innegable: despois de décadas de espera, Marín conta por fin cun auditorio municipal. E iso, por si só, xa merece unha celebración.
Agora ben, tampouco imos descubrir a pólvora. As obras públicas xa se sabe como funcionan: coñécese a data de inicio, pero nunca a do final. E neste caso o proceso foi longo, custoso e, por momentos, ata esperpéntico. Que se a ubicación non convence a todo o mundo, que se o edificio parece unha nave futurista, que se o famoso alerón acabou converténdose nun símbolo do sobrecusto millonario da obra… Nada novo neste Marín no que nunca chove a gusto de todos.
Pero unha vez abertas as portas, quizais o importante sexa outra cousa: que se vai facer agora con este espazo.
Porque o Auditorio non debería limitarse a ser un simple escaparate para espectáculos de paso, concertos itinerantes ou grandes inauguracións con moita foto e moito titular. O verdadeiro reto será convertelo nun espazo vivo, útil e participado; unha casa común para as artes escénicas, a música, o cinema, as asociacións culturais e toda esa xente que leva anos traballando en Marín case sempre a contracorrente.
E aquí é onde entramos moitos dos que levamos tempo intentando mover cultura nesta vila. Porque, guste máis ou menos, Marín ten talento. Hai músicos, técnicos, actores, creadoras, fotógrafos, cineastas e colectivos culturais con capacidade máis que demostrada para alimentar parte desa programación. Non todos os concellos teñen a sorte de contar cun tecido creativo disposto a implicarse, propoñer e traballar. Por iso precisamente resulta incomprensible que, en
ocasións, o propio goberno local dea a sensación de mirar con certa sobradez ás asociacións e proxectos que levamos anos poñendo iniciativas enriba da mesa con máis ilusión ca recursos.
Agardemos que iso cambie. Porque sería un erro enorme converter o Auditorio nun barco á deriva, deses que brillan moito o día da inauguración pero que acaban saqueados polo desinterese, a falta de programación ou a ausencia dun proxecto cultural sólido. Galicia está chea de exemplos así. Infraestruturas enormes, flamantes, inauguradas entre foguetes e discursos, que aos poucos rematan convertidas en edificios mortos.
Para moita xente o Auditorio seguirá sendo un despilfarro innecesario. Para outra moita, unha infraestrutura imprescindible. Para nós —artistas, técnicos e persoas vinculadas á cultura— representa algo máis simple: un lugar onde poder traballar dignamente. Un teatro dos soños, si, pero tamén un punto de encontro para a creación local.
Dani Antelo
Director da Mostra do Audiovisual e Cinema de Marín.

Comentarios